TEATRO JOFREE DE FERROL

A Sociedade Filarmónica Ferrolana naceu en Ferrol no 1949, coa vontade de promocionar e divulgala música clásica, mediante a organización de concertos.

Cuatrocentos afeccionados constituíron a sociedade. Redactaron uns estatutos, cumprimentaron os requisitos administrativos oficiais e fixaron unha cota mensual de 10 pesetas. O 7 de Outubro de 1949 a ORQ. SINFÓNICA MUNICIPAL DA CORUÑA deu o concerto inaugural da historia da Filarmónica Ferrolana no teatro Jofre.

A Sociedade alcanzou o maior número de socios (840) no ano 1974, cunha cuota mensual de 50 pesetas.

Dende a súa fundación, a historia da Filarmónica está intimamente unida á do Teatro Jofre. O seu declive, na década dos anos 80, fixo que diminuíse rapidamente o número de socios. O mal estado de conservación e a falta de condicións de confort, unidos ao prezo abusivo do aluguer por parte do propietario, obrigou á Filarmónica, en 1983, a buscar salas de concerto alternativas (Salón de recepcións do concello, Instituto Camilo Alonso Veiga, Centro Cultural Municipal...) para concertos e grupos menores, quedando o Teatro Jofre para concertos de grandes conxuntos.

En outubro 1994, o Concello adquiriu o Teatro e, a pesar do seu deficiente estado de conservación, as súas calidades acústicas e de aforamento, aconsellaron á Directiva o organizar toda a programación nel, ata Xaneiro de 1998, en que pechou definitivamente as portas para a súa restauración.

Desde entón, toda a actividade da Sociedade, desenvolveuse no Centro Cultural Municipal "Torrente Ballester", ata a reapertura do Teatro, completado o proceso de restauración. O 11 de Febreiro do 2006, a Orquestra dá Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, inaugurou a nova etapa de programación da *Filarmónica no Teatro Jofre.

Atrás quedan os anos difíciles, nos que a supervivencia foi posible grazas á fidelidade e tesón dos pouco máis de 200 socios, que soportando adversidades sen número, mantiveron viva a Sociedade.

A Sociedade Filarmónica Ferrolana celebrou máis de 500 concertos e trouxo a Ferrol a músicos e cantantes de recoñecido prestixio, sendo a única sociedade de Ferrol que mantivo durante 57 anos, sen interrupción, as súas programacións anuais de música clásica.

 De entre os músicos e artistas que participaron nos nosos concertos, podemos destacar as voces de Teresa Berganza e Montserrat Caballé; os pianistas Julius Katchen, Nikita Magaloff e Alicia Delarrocha; os violinistas Chritina FerrásHenry Szeryng e Salvatore Accardo; os violonchelistas Gaspar Casadó e Andrée Navarra; os guitarristas Andrés Segovia e Narciso Yapes;... vivos uns e xa desaparecidos outros, pero presentes todos na discografía e na memoria dos afeccionados.

Nos 50 primeiros anos de actividade contabilizáronse: 23 Grandes Orquestras Sinfónicas, 14 Orquestras Sinfónicas Clásicas, 72 Orquestras de Cámara, 5 Nonetos, 8 Sextetos ou Quintetos, 41 Cuartetos ou Tríos, 68 Pianistas, 26 Violinistas, 7 Violoncelistas, 9 Guitarristas, 8 Solistas vocais, 15 Masas Corais, 4 Conxuntos de Jazz, 9 Ballets e 43 Varios (Arpa, Órgano, Clave, Frauta).

Citemos como exemplo a O. S. de Hamburgo, O. S. de Bratislava, O. de C. de Viena, I Musici de Roma, Noneto Checo de Praga, O. de C. de Israel, Cuarteto Ostravo, Cuarteto Pfeifer, Trío de Cámara de Wiwsbade, Trío de Zagreb, Swing Quartet Praga o Ballet de Cámara de París.

Coa reapertura do Teatro Jofre no ano 2005, a Sociedade cobrou un novo impulso e vitalidade, que pasou nun breve espazo de tempo a máis de trescentos socios, mellorado a variedade e calidade dos concertos, grazas aos recursos achegados polos propios socios e das axudas recibidas doutras institucións tanto públicas como privadas.

Seleccionar idioma